Canto tempo fai, dende que se foi a luz, canto tempo pasóu, dende que estaba seguro. Non o teño moi claro, acho que non pode ser demasiado, pero sí dabondo para que arrefriase toda a superficie que os meus pés alcanzan a pisar. Levo semanas camiñando polos pantanos, avanza a noite e ó lonxe vólvense abrir as cruentas portas do Niflheim, mais non quero voltar a esa antiga morada, da que creínme paria, só que nunca esqueces de onde vés, e certo é que non son nativo, pero un é de onde se fai máis que que de onde nasce.
Os fatuos cans tolos xa o agoraban, -"Agocharase o Sol no seu punto máis alto, avanzará a escuridade e as frías noites chegarán impasibles,,, achégase o inverno,,,"
Sabios malditos, porque non vos escoitei! Non me preparéi dabondo, camiñaba absorto nos meus zicais, aínda cegado, e non quixen comprender as verbas ácedas coma eran,,, creíaas doces!
Que será de min, ¿camiñar de novo na busca? Xa me esquecera desa vella obsesion,,, a luz,,, a Luz! quen me mandaría entrar nos campos de luz! non precisaba desa enerxía, sabía que estaba ahí, pero abandoara a busca e ó final foi aparecer de súpeto. Sen previo aviso e sen querelo, engancheime, e agora estou cavilando se pode ser que toleara, porque hoxe esperteime querendo odiar o Sol, non sei como explicalo, pero sentín que preciso odialo pra non odiar de novo a noite, querida mestra,,, Non podo desfrutar da luz se é o propio Sol o que crea as nubes.
Síntoo moito, eu non o decidín así. Tamén hei dicir que non é xusto este abandono de sangrado, lento e silencioso.
Pero non te preocupes, gardareino en segredo, non te chegará a afectar directamente, pois nunca seréi astronauta. Odiareite pola noite, amareite polo día. Non quero ter que agocharme na sombra, e non hai moitas razóns para que te merezas este odio, pero non quero odiarte, non quero amarte; por intres non quero verte, non quero perderte. Non te vaias,,, ou non volvas,,,
A miña testa da voltas no sitio, cargando o impulso da espiral, os berros das arpías xa se ouven ó lonxe, e os demos xa se frotan as mans sabedores do nascemento dunha nova pantasma.
Confeso que é moi forte o trasno o que se me colóu no peto, fíxome ruido tódalas noites, e tódalas mañás, e leva facendo barullo 605 días, dende que un bo amigo me abríu os ollos e dixo: "os raios do Sol están dando na túa pel"; si, dende ese mesmo intre, dende esa mesma noite,, dende que o "quén?¿" foi respostado, seguido dun "-non pode ser..." e un "-pois sabes unha cousa...?". Cumprírase a profecía! O soño era real. Acabárase a noite perpetua, o Sol brilaba por mín.
Non tiña nada e de súpeto tíñao todo, non había medo e dende ahí resulta que podía perdelo todo e que non necesariamente dependía dun mal movemento meu.
Pero entendo que iso é o risco que corremos cando vivimos, esa é a gracia, ese é o sensentido que lle da chicha ó asunto, sofremos por non sofrer, e por non sofrer amamos,,,
Non sei en que rematará todo isto, teño a certeza de que a parte interesante aínda estará por vir, de momento só aproveitéi a luz cal árbore en fotosíntese, estático, observando máis que actuando, porque non é facil saír fóra da nosa comodidade mental,,, Pero seguiréi camiñando, paso tras paso, moitos camiños e moita terra estan agardando a súa historia, fuxirá a escuridade e voltará a forza da Vida, esa poderosa que é o impulso primixenio. E seica, algún día rematará o eclipse,,, pero cando?
Polo momento, non sei,,, se seguir tentanto resistirme neste anoitecer, porque quérote, aínda que quera odiarte,,, para non rematar odiándome, querido Sol.