10 mayo, 2011

Ball and Chain

Sittin’ down by my window, lookin’ out at the rain.... laiándome por non ser quen quero ser, ou máis ben dito, por non dar feito o que quero e séi que son quén.

Sinxelo é o problema: pese ó precavido que acostumo a ser comecéi a soñar antes de tempo, e agora boto de menos algo que en nengún momento foi meu.
Mais, ¿cómo fago para non enganarme? Se crúzase por diante da miña fiestra algo tan belo non podo evitar que faga ese efecto tan cálido en mín, e se pecho os ollos a miña imaxinación fai das súas e aínda é peor.
¿Ollar para outro lado?
Tarde... moi tarde.. exactamente catrocentos noventaecatro días e vintedúas horas e meia tarde.

Eu non o quixen así, mais non fun quén de evitalo, e agora deambulo polas rúas preso dunha bola e unha cadea.
Ains... Sabio gosto de considerarme na vida, falabarato són na miña mente.


03 mayo, 2011

A esperanza é o derradeiro que se perde... polo que morrerei anelando o cambio.

Non son gafe, mais non teño dúbida de que estou gafado; non é que vaia repartindo mala sorte, non... acapároa todiña, e o meu único consuelo é ver que ós dem
áis, os que me rodean, os meus queridos, vailles mellor ca min... pensamento estúpido... mais meu. Soa a conto, e de feito podes crerme ou non, depende do que agardes obter desta lectura, pero preocúpome máis polos demáis que por min mésmo, aprezo máis ós demáis que a min mésmo... despreocúpome, desaprézome, descúbrome,,,

Doe, doe moito deambular pola vida anelando algo, e ter en mente que sen saltar os teus principios resultaríache imposible, mais.. non é tal, só é dificil porque nunca o intentaches, ninguén nasce sabido, ninguén sabe nascer, ninguén aspira a nascer... todos, aspiramos a morrer.