"Cada erro que cometes é a oportunidade perfecta para comezar a mellorar"
Meu corpo nacéu un venres, sobre as 11:30 da mañá hai 38 anos.
Pra quen me coñece non será de estranar que diga que neste día non me apetece festexar ó grande, e non é por facerme vello precisamente. Sempre fun diso de "A xuventude é unha enfermidade que só se cura co paso do tempo". E por iso mesmo é que valoro o paso do tempo, a aprendizaxe continua, e este día é pra min iso, un día de reflexión onde considero quén són agora mesmo, quén era 365,24 días atrás e cantos "Eus" fun ata hoxe para chegar a encontrarme eiquí, no agora; o futuro non me intriga especialmente, máis que nada, porque literalmente non existe.
Nun día tal que hoxe, máis que contar as felicitacións que recevo, penso nas que xa non; amigos e familiares que deixaron este mundo, vellos coñecidos de contacto perdido, colegas cos que xa non teño a mesma afinidade, xente á que falléi,,, en fin, eu non son moi de felicitar ós demáis nestes días pois non podo lembrame de todas as datas e en certo modo négome a que unha aplicación mo lembre e convertelo nalgo telemático e plástico, e honestamente, espero o mesmo de vós. Por iso, que hoxe lémbrome de todas esas persoas que un día felicitáronme e de todas aquelas ás que eu non felicito, por diversas razóns. Penso nesas ialmas que foron sinceras comigo nalgún momento, e poderéi esquecer unha data e un nome, pero non esquezo unha cara e a emoción ligada a ela. Para os que seguides presentes, espero que saibades que tento agradecervos cada día a vosa parte, aínda que non sexa convincente.
Por iso que hoxe non é un día para min, senón para todos vós, aqueles que nalgún momento estivéchedes ó meu lado, en maior ou menor medida, con algún dos meus "Eus", e formaron parte dos camiños que me trouxeron ata eiquí.
Hoxe son máis feliz do que xa fun, gracias.
Hoxe son máis feliz do que xa fun, gracias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario