13 abril, 2010

Insomnio



Unha vez máis, percorro a cegas esta rúa valeira, para xacer fronte unha folla valeira que encheréi a cegas, unha vez máis.


Sei que teño a culpa de ficar cego ó darme o sol na cara, camiño á sombra dun velo que só desvisto cando a calor aquí embaixo é insoportable, mais quéimome, e vólvome agochar.
Cando un mésmo é o teu psicólogo é difícil non pasar máis tempo dentro do maxín que fóra, pero ás veces chegas a sentir claustrofobia; i é que temo durmir neste estado, porque na noitiña aceitas buracos coma se foran fiestras, regos coma camiños, bocetos coma debuxos,,, mais chega o día e comprobas que a sombra non te aconsellóu ben, e só podes agardar a refuxiarte de novo na escuridade.

As nubes pasan, pero de cada vez contas menos estrelas, e aínda que saibas que zicais esas estrelas que ves en realidade xa non existan, o certo é que as cousas existen a partires que provocan un estímulo en nós, e aínda que só sexa durante ese intre que pensas nela, existe,,, coma nos soños,,, por iso teño medo de durmir.

03 abril, 2010

Aprender a camiñar



Un pé tra-lo outro, dis que din.
Sinxelo é, todo o mundo aprende ser darse conta, mais algúns sofremos de gateo crónico e batemos co nariz no chan sempre que tentamos erguernos.