22 junio, 2007

Imaxinaction


As nubes teñen envexa de min, pois eu podo voar máis alto.

16 junio, 2007

Camiñante non hai camiño,,,


Isto que vos vou contar, é algo que vin escrito nun muro dunha casa derroída nun remoto apeadoiro de tren da liña Vigo-Ourense fai uns cinco anos. Non ten, nen tivo, relación directa coa miña vida, pero foi algo que me chamóu a atención, pois esas verbas foran abandoadas para que alguén que pasara polo mesmo sitio sentira o que o autor. Eu ía no vagón, nunha das miñas escapadas clandestinas, e naquel sitio, o rexional facía unha parada de media hora para deixar pasar ó Talgo, un tren máis rápido que o rexional, pero sen as mesmas vistas. Aínda que naquela "parada" ninguén subía nen baixaba do convoi, abríronse as portas do descansillo, momento que aproveitéi para toma-lo aire; e alí estaba, aparentemente só, todo morriñento, no medio dalgún sitio cun leño nos dedos, agardando ve-lo sol; cando entre unhas hedras albisquéi unha pintada algo cutre feita con spray azul. Ó principio non lle din importancia porque xa estaba afeito a ver esas protestas políticas de activista resignado, pero despóis fixéime que aínda era bastante longo, e penséi que se alguén ocupa un anaco de parede tan grande nun sitio máis ou menos vistoso como aquel o era, algo terá que dicir.
E atopeime con isto..:
,
,
Caminito que el tiempo ha borrado,
que un día juntos nos viste pasar.
Desde que se fué
triste vivo yo,
caminito amigo,
yo también me voy.