21 febrero, 2010

Un dia raro,,,




Destes días que espertas, lembras o anterior, cágaste en todo e pensas: "hoxe comezo co dereito",,,


Xa vas esbozando o plan do día cando nada máis apoiar o pé no frío chan... ...aaAtchÚúuss..!!... tirón no pescozo, deixaches a ventá aberta toda a noite e tes un bonito charco na habitación que fai que escorregues, e por pouco, darlle un bico ó radiador. Pero "non hai mal que por ben non veña" así que o frío e o susto fan que vaias máis espabilado ó traballo.
Chegas e pasas a mañá pensando na noite, nas ganas que tes de marchar, de chegar, de falar, de xogar...
Imaxinas situacións, simulas conversacións, practicas xestos,,, pensas en todo para que nada saia mal, e pásalas canutas contando os minutos que pasan un a un; "pero nunca choveu que non escampara" e rematas o turno co cansancio acumulado das pasadas vixilias temendo que esta noite sexas o primeiro en caer, pero pensas:-"Malo será".

Chegas a casa e estás eufórico, xa case está, agora a prepararse. Fas todo a correr, rematas nun tempo récord pero ó final tardas máis tentando lembrar qué se che esquece.

Chegóu o momento, non cabes en tí dos nervios;
pensas:-"alá vou!", pós cara de pantufla, pasas de longo, e ó final és o último en marchar. Vas camiñando barallando oxalás e zicais... ...chegas a cama... ...frío...

...espertas, lembras o día anterior, cágaste en todo e pensas: "hoxe comezo co dereito",,,