30 noviembre, 2006

Este debuxo ten unha historia: Unha noite entrei nun garito e ó entrar miréi dúas persoas e a unha moza nun lado, ó principio penséi que era unha amiga miña e miréi para ela, pero ó haber pouca luz quedeime un pouco de máis coa súa cara, e resultóu ser unha descoñecida. Ata aquí unha situación normal dun sábado á noite, o diferente ven cando despóis dun rato volvo mirar para ela para comprobar o parecido coa miña amiga e vexo que estaba mirandome fixamente ós ollos; diredes que non hai nada de especial nisto, e claro está se non fora porque aquela mirada parecía estarme pedindo que a levara con ela, que lle falara, e aínda que quixera, non sería capaz de describila para faceros entender a miña sensación. Só vos podo dicir que despóis marchóu dalí cun dos homes que estaban naquel local e cun xesto triste na cara, e quedoume unha dúbida que nunca resolveréi, qué estaban dicíndome aqueles ollos, e qué pasaría se me houbese achegado.

23 noviembre, 2006


I estas son algunhas que poño no montón para que polo menos haia algún montón.
..oO

,
,
,

Ás veces, comportámonos de formas extranas ante certas situacións. Pensamos unha cousa e facemos a outra; queres saír, e o único que se che ocorre é pecha-la porta e tirar a chave. Pódese dicir que somos seres complexos, e que a maioría dos atrancos da nosa vida provocámolos nós mesmos, pero tamén hai quen, sinxelamente, prefire coller as escaleiras antes que o ascensor..oO

Weeno, costóu pero xa comezamos; máis vale tarde que nunca non?
Pois nada, isto xa o debuxéi hai un tempo nunha parede ata que alguén lle deu por facer que aquel lugar volvera ser igual de aborrecido
.