11 agosto, 2011

O tren que me leva...



Hoxe quixen voltar a escribir, voltar a plasmar todo aquilo que non fun quén de facelo de modo gráfico, literario ou literalmente.

Sentéi onde tantas outras veces, quixen usar o boli de sempre, mais non o atopei, perdino, coma sempre. Logo amarréi un lapis, non tiña punta, entón amarréi outro, e como tiña pouca punta afileino, pero ó sacalo non tiña punta xa, rompera.

E diredes: -"¿E a min que me importa?"
Pois algo, do contrário non estaríades léndoo. E aínda que asemelle raro, isto é un pequeno resumo metafórico do problema; (seica a clave).

Eu, coma moitos, levo toda a vida desexando, buscando, imaxinando algo que aínda non tiven; e dende sempre souben que de telo sería feliz.
Hei de confesar que fun feliz en contadas ocasións dende que emprendín esa búsqueda. Pois a idea grapada no meu cráneo de que a felicidade estaba ó final desa empresa fixo que non prestara atención ás outras oportunidades que nascían á par.
O ocecamento fíxome seguir un camiño, mais o mundo natural tal e como é non ten sendas nen estradas, non é preciso ter coidado de non saírse das marxes, nen facer eses para subir ó curuto dunha montaña; tiras de frónte e xa.

Pero agora iso concreto do que falaba tórnase nalgo abstracto, i en moitas cousas concretas á vez, polo que resulta imposible atopar un só camiño para acadar todas esas metas; tampouco débese buscar.

Pois como máis dunha vez xa dixen:
-Un camiño só pode levarte cara onde alguén xa estivo antes; e de malo, non che faltan quilómetros por chegar, senón veces nas que penses cánto che falta.

E cando falo de non seguir un camiño, falo de non seguir inescrutablemente ningún, nen o teu propio, o que tes na mente que é o teu, non fagas as cousas ó teu modo só porque consideres que tes un modo de facelas.

¡Camiña o vasto campo! ¡De fronte!
Camiña coa mirada fixa no horizonte
e faime caso se me les,
non mires por onde van teus pés.

A felicidade non está ó final dun camiño, hai que apañala ó paso.

No hay comentarios: