Pasiño, pasiño, tropezo
zancada, caída comezo
abrir os ollos de novo
fuxires do brilo do ouro.
Deambulo perdido na rúa
procuro un belido sorriso
pra non sentir só baixo a lúa
con cada cigarro que piso.
E nada, outra vez no camiño
de volta a unha casa valeira
encollido pra sentir quentiño
nun niño cargado de teima.
Noites de rúa
espírito de can
meus soños onde van
perdidos en Arzúa.
Sentado neste bar
nestoutro, calquera
á deriva cal galera
sen timón nen vela no mar.
Mais fresco é o ár
seica tan só novo
que axuda a seca-los ollos
e voltar a camiñar.

13 diciembre, 2016
15 junio, 2016
Unha cousa clara
Unha cousa clara, non quero ser teu dono, non pretendo posuírte, polo menos non dese xeito.
Non quero ser a gaiola que che impida bater as ás, quero ser a fraga na que aprendas a voar, a pola onde gostas reposar, o regato onde gostas refrescar.
Pretendo ser o lume, ó que te arrimes pra quecer, a paisaxe onde envellecer, a estrela que che guíe ó anoitecer.
Quero ser ese recuncho onde fuxir, ese burato onde sentir que estás a salvo de todo o que te poida ferir.
Busco ser o solpor, onde esquécese a dor enquistada por mor do rencor, do amor e do mal humor desta vida de limusina sen motor.
Déixame ser o betún, que úntese en ti e traia-lo brillo oculto. Tómame de todos eses xeitos, tómame de todos ou algún, según; mais antes ei voltar ser o mesmo, o mesmo neno que fun, cando nada era común, cando para ti só había un,
Eu, e mais nengún.
colghado por 06IJ_L ás 02:35 0 ,,,comentarios,,,
02 junio, 2016
Step Up
Camiñar, camiñade! Camiñemos!!
Todo un mundo agarda baixo os nosos pés.
Certamente diso vai a vida, de subir e baixar montañas, de percorrer, experimentar, desfrutar e tamén sofrer; ¿que gracia tería un mundo chan? Ningunha, sabémolo. Poderíamos ve-lo horizonte en todo intre con só erguer a testa, iso mata a sorpresa e a emoción do paseo, non si?
Pois iso, como a vida; ten que haber altos e baixos; intres, días, épocas felices e outras non tanto. Porque coma o ben non se pode apreciar sen ter en conta ó mal, o amor, a amizade, o valor da familia,,, Estas cousas non se experimentan do mesmo xeito de haber sentido a soidade, o rechazo e todas esas dores que gardamos na caixiña de metacrilato, sabemos de qué falamos.

Porque sí, ás veces doe, pero se doe é porque amas, e se amas algo ou a alguén dalgún xeito estás no bo camiño. Dalgún xeito arriscácheste, e isto, é do máis importante que valoro, polo menos eu, da xente. Ese arroxo ó encamiñarse cara algo que pode saír mal ou tes a certeza de de que non vai ser doado, pero seguir adiante porque che fai sentir vivo.
Eu que sei, cada un cadanseu motivo.
Eu que sei, cada un cadanseu motivo.
A min empúrrame ir e negar o imposible, probar que se pode, aínda que só sexa a min mesmo. Empúrrame a necesidade incesante de xogar, de experimentar, de rir e descobrer. A intimidade de dous amigos, a complicidade dos amantes, os segredos, as viaxes, os abrazos,,, eses bicos que se fan curtos, o contentillo dunha cervexa furtiva. Esas vixilias de sentimentos enquistadas, e bágoas secadas no calor do peito.
I é todo isto que me fai subir ó teito ,,,de feito,,, insisto en dicir que estes recordos vos han servir de leito, para cando ó morrer e acadar o ciclo completo, sen folgos, sen sangue e tolleitos, sentir que polo menos "iso", fixémolo con xeito.

colghado por 06IJ_L ás 22:19 0 ,,,comentarios,,,
21 mayo, 2016
Cabo
Tan solo un leve movimiento de los dedos de mi pié izquierdo bastaba para tocarla, incluso sentía ese arrullador movimiento de las mantas cuando cogía aire,
pero su respiración,,,
Su respiración la oía lejísimos, pero lejísimos!
Suficiente como para no poder decir aquí, sino allí, (y casi allá). Tanto, y esto es cierto, que llegué a girarme para demostrarme que no podía ser, que era un efecto del eco.
Y allí estaba, in_móvil a mi lado, cada uno a un lado de la cama con toda la habitación de por medio.
Y fué ahí que me di cuenta de que se había acabado. Fué ahí que me di cuenta de que las promesas no valen nada, que la indiferencia no tiene cabida donde hay amor,
y que el amor,
es sólo para unos pocos.

colghado por 06IJ_L ás 12:30 0 ,,,comentarios,,,
Suscribirse a:
Entradas (Atom)