31 agosto, 2010

King without a crown


A noite das cen despedidas, o día das mil nubes,,, duro espertar para os de corazon rebrandecido, i é certo que gran parte desas nubes son de fume; "onde hai fume hai lume, case sempre,,," mais Murphy condenóume a ese "case" perenne e fago fume sen lume algún.

Lembro haberlle quitado a pechadura á porta antes de acostares para evitar que o mundo me reclamase, mais desta vagada de pouco me servíu, pois a adrenalina arrincóume dese universo paralelo perfecto que é a imaxinación onírica, e atopeime despedíndome dunha almofada, abrazándoa con dúas voltas de brazo.
Máis rabioso que triste, máis cavilador ca falador, máis soñador ca vividor,,, "mellor soñar que viver aborrecido" ese foi o lema durante moitos anos, mais canséi de despedirme cada mañá e tentei sacar eses soños da miña testa, mais quebreina no intento e só conseguín esparcilos polo chan.
Espernexo quedo, voo nunha gaiola, caio dende o chan, afogo nun charco baleiro,, paradoxas metafóricas que só serven para mentirme e asimilar máis levemente a realidade; máis de vagar,,, máis amodiño,,, ",,mu despacito pero mu mal,," en conclusión,
ó meu ritmo.

Mais sempre hai un buraco que outro entre as nubes, que faiche saber que por alí detrás brila o sol, que co máis minimo dos raios que roce a túa pel pode facer que se che encrespe o espiñazo; e se hai algo de certo en todo isto é que as nubes únicamente vanse agardando a que o vento as empurre, mais eu non deixaréi de soprar.

29 agosto, 2010

Empúrrame



Esperto,,, ou non,, a continuidade dos feitos comeza a ser, canto menos, turbia.
"There is a grey fog running trough my mind", terei que asumir que xa é crónico, de pouco máis podo darme conta agora mesmo, i é que é curioso o lonxanas que podes percibir as cousas cándo pegadas ó teu nariz.
É incrible, noites e noites desexando o tal que agora, e mesmo podería tocalo, mais fáltame ese pequeno impulso que é a vontade recíproca. O abismo non abarca apenas unha pegada, mais en sima pérdese oscuridade abaixo e só fáltame ese pequeno empurrón, mais fáltame, e de caeres consolaríame pensar que non ten fondo, mais temo durmirme polo camiño, sexa por cansancio ou por terme acostumado a caer ó vacio en soños,,, esperto,,, ou non,,,

Topeime comigo mesmo de bruces, de novo, e seica ese Eu reacciona tal que o reflexo dun espello, pois non hai manera, nin ó redor nin através,,, así de dura teño a cachola.

Hei de argallar un modo pra esquivar a ese miserable que sempre se me pon no medio.
O tío Jackie xa me aconsellou, e ensinoume algún dos seus trucos, mais acho que non é sabio para todo, pois por mor dél distraínme e perdín algunha que outra oportunidade, ou polo menos iso empéñome en crer.
Non está ben iso de mentirse a un mésmo, mais é a única saída que atopei polo momento para de cando en vez soltar a cadea deste can tolo que teño por imaxinación; non todo pódelo deixar pasar, e doe cando sabes que poderías ter feito, aínda que só fora por unha maldita vez, algo,,,

09 agosto, 2010

Teima


No medio de ningures, outra vez, buscando a inspiración no fume coa única compaña da Lúa meio piscada e unha ará que xoga comigo ó escondite inglés.
Aquí estóu de novo, facendo por facer, soñando esperto xa que o concepto de "realidade" de cada vez é máis complexo para min.

A corrente segue tirando do meu Eu, e río abaixo non pinta moi ben a cousa, os meandros están a piques de rematar, a sabendas, e ódiome por habelos atallado, pois sei que as augas calman a partires deste tramo, e seguerán así ata chegar ó mar,,,
,,,"¡quen mandaríame crearme esa impaciencia absurda que me fixo remar por remar, crescer por crescer,,,!"
Arrepíntome, claro está, de non aproveitares tódolos regatos que atopei no camiño, mais seica que mal de moitos.
Así é, non sabes o que perdeches ata que xa pasóu de longo, e longos foron os días ata que cheguéi aquí, mais menguados acaeceron ó igoal que menguaron as miñas verbas e os meus trazos.
Pouco ten que ver a sorte en todo isto, e aínda que de cada vez os dados teñan máis cantos, temo rematar metido no bucle, do que cada vez estóu máis seguro que non vou ser quen de saír, polo menos, non eu só.