Xa non sei que escribir, xa non me sai.
A dor xa non está aquí, xa no hai.
En fronte de min, unha vella torre,
sinalando ostentosa ó ceo.
Feita en pedra, materia que non morre,
preparada para os embites do xeo.
E non séi porqué, mais véxome reflexado
nesta opaca e inerte faciana.
Só atopo beleza nos pilares danados.
O perfecto me di máis ben nada.
E seica iso son, agora mesmo;
sen soidade sen ialma rasgada.
¿Porqué cando estou contento
non sinto esta testa inspirada?
Aínda vai ser certo
aquilo do poeta maldito
non posuidor dun don bendito
que só fai soñar esperto.
Coidado porque é verdade
que a dor é a máis grande das musas,
e estás fodido amigo se abusas
por entender túa realidade.
Ai! Querida soidade,,
Case unha vida trotando xuntos!
Non seréi eu quen torne defuntos
ós meus soños de liberdade!
