29 noviembre, 2007
27 octubre, 2007
23 septiembre, 2007
Pican pican os mosquitos,,,
Louis Amstrong soa de fondo, e o fumo ríese de min na luz que descende pola fiestra, enreversadas formas, entre elas un sorriso familiar. Óense ruídos alleos, será mellor voltar...
colghado por 06IJ_L ás 20:49 0 ,,,comentarios,,,
21 septiembre, 2007
13 agosto, 2007
Directo ó cerebelo
colghado por 06IJ_L ás 14:10 0 ,,,comentarios,,,
10 julio, 2007
King Bax
colghado por 06IJ_L ás 21:35 0 ,,,comentarios,,,
22 junio, 2007
16 junio, 2007
Camiñante non hai camiño,,,
colghado por 06IJ_L ás 13:17 0 ,,,comentarios,,,
24 mayo, 2007
30 abril, 2007
27 abril, 2007
05 abril, 2007
03 abril, 2007
24 marzo, 2007
23 marzo, 2007
Dog Mas
Esta tarde chamaron á porta, estaba mirando unha película e o timbre soóu dúas veces, rápido, como se chama cando tes prisa. Ó abrir atopeime cun home e un neno. Este home disculpóuse en canto abrín a porta, sen darme tempo sequera a dicir hola.
O home suxeitaba un panfleto de cores vivas, nel podíase ver a figura dun home coas mans lazadas, coa mirada seria e cuberto do que parecía ser o seu propio sangue, aínda que as feridas que enchían o seu corpo foran bastante explícitas.
O neno suxeitaba un maletín e ficaba inmóbil.
Este home díxome que viña para invitarme a mín e á miña familia a unha xunta na que ían falar do home máis importante do mundo, e sinalándome o papel preguntóume quén era ese home para mín. Nese intre dinme conta de que era testigo de Jehová, pregunteille se se estaba referindo a Xesús, e ó ver o seu sorriso díxenlle que era agnóstico, e sorprendeume ver que o xesto da súa cara non cambióu.
A razón de porqué deixéi de sentirme mal é porque penséi en varias opcións que poderían desencadear as miñas verbas.
Unha era que non me escoitara ou que non lle dera importancia, entón non habería mal; outra era que sí me escoitara, pero que fora desas persoas que non admiten opinións alléas ás súas, de ser así, non me importaría que se houbese molestado; e a outra opción era que me escoitara, e que as miñas verbas fixéranlle pensar porqué dixen iso. Se conseguise facerlle plantearse a súa vida por un intre xa estaría satisfeito.
Despóis de ver a película acordeime do neno ó ver de novo o folleto que aquel home me deixara, e entón si que me sentín mal, pois consideréi que podería haber dito moito máis.Podería haberlle preguntado ó neno quen era o home máis grande de tódolos tempos para él. Sería de esperar que respondera Xesús, pero antes de darlle tempo diríalle porqué pensaba iso.
Eses pensamentos non eran seus.
O pai probablemente este convencido da súa condición, e de seguro terá razóns para elo, pero non un neno. Un neno limítase a seguir o que os seus pais dinlle que é bo, pero soamente o sigue, actúa coma un autómata ó que se lle programa.
Para persuadirlle dinlle que de non facer iso irá ó inferno, e o seu sofremento sera tan grande que non podería imaxinalo. Ese neno tampouco pode comprender que existe porque os seus pais cometeron un "acto impuro"; sen embargo, esas cousas resérvanse ata que ten unha certa idade, e pode comprendelo.
¿Porqué entón se lle inculca unha forma de pensar que é a maior causa de disputas da história a alguén que non pode entendelo e non pode expoñer argumentos para defender unha convicción que nin sequera é a súa?
Non estou en contra das relixións, é máis, defendo que son unha parte moi importante da cultura mundial, e que a história non podería entenderse sen elas... pero... ¿porqué obrigar?
colghado por 06IJ_L ás 01:44 0 ,,,comentarios,,,
13 marzo, 2007
Martes,,,
colghado por 06IJ_L ás 23:09 0 ,,,comentarios,,,
10 marzo, 2007
Medo
Dirás: -¿medo?, eu non creo en fantasmas.-
Pero medo é prudencia, medo é pecha-la porta tras de ti, medo é estar atento, medo é ser feliz en soidade; porque, aínda que empeñémonos niso, os fantasmas non son compaña de abondo.
Dirás: -non todos somos iguais;-
É certo, os fantasmas que poden velos varias persoas dan menos medo, sobre todo cando pode velos alguén a quen queres; o problema ven cando ese fantasma é esa persoa, entón non tes máis remedio que corta-lo cable negro ou volver á túa pecera, onde todo está coma sempre e as cousas míranse máis pequenas.
A vindeira vez que vexas un fantasma pensa que só existe na túa mente, e bérralle... así polo menos saberá que podes vela.
Eu, mentres tanto, seguiréi facendo burbullas..o0O
colghado por 06IJ_L ás 04:34 1 ,,,comentarios,,,
07 marzo, 2007
Clases de arquitectura
colghado por 06IJ_L ás 15:10 0 ,,,comentarios,,,
25 febrero, 2007
14 febrero, 2007
¿Raiada particular ou preocupación global?
Ás veces síntome coma un píxel envidioso dun taboleiro de xadrez, e ás veces xa non sei se son así, ou quero verme desa forma. O certo é que vou con pés de chumbo sobre unha morea de ovos podres que só existen na miña mente; e teño medo de caer...
Zicais algúns avispados saquen conclusións da data na que isto foi publicado, pero agora pensade que onte foi Martes 13...
colghado por 06IJ_L ás 01:04 2 ,,,comentarios,,,
24 enero, 2007
Non penses nun oso branco

É curioso a importancia que lle damos ás cousas, as diferentes formas de vivir unha mesma situación, e cómo se quedan gravadas na nosa memoria; é curioso.
Este de aquí é aquel debuxo que fixen no verán no camping de Portonovo, ás tantas da mañá, despóis de saír de marcha, e xusto antes de que certa xente atopárame alí, no chan, ó carón dunha cervexa e cun charro entre os meus dedos, extranándose de algo que para min era do máis cotián. Fora unha boa noite, aquela noite na que dinme de conta de que hai certas cousas que non podes esquecer sen máis, que non podes deixalas pasar e agardar a que o tempo as borre da túa mente, que ás veces, sinxelamente, están ahí día tras día e canto máis trates de non pensar nelas peor o fas.
Isto ten un significado particular, dunha situación en especial, e dunha persoa en concreto que nin sequera sabe que iso aconteceu. Que cada un interprete isto como quera, que o aplique á súa vida e os seus pensamentos, eu vouvos dar un consello común, vivide o momento.
colghado por 06IJ_L ás 00:05 1 ,,,comentarios,,,
11 enero, 2007
Máis leña na lareira

Se odias a unha persoa podes facelo dende calquera sitio, mais se queres a alguén tes que agocharte nalgún buraco e...
colghado por 06IJ_L ás 23:27 0 ,,,comentarios,,,





















