Nun camposanto,,
Tres homes conversan.
Da vida, van rosmando.
Cadanseu quéixase de algo
mentres camiñan entre a pedras.
Fala o torto,
de miras vése corto.
Acontecéu por bater nun gordo,
sorte que non rematóu morto.
Fala o corto,
aquel que camiña torto.
Apañóu un traballo gordo.
Traballa enterrando mortos.
Fala o gordo,
o do cabalo do lombo torto.
Comendo sempre fica corto,
sábese famento ate morto.
,,,
Fala o morto,
e mira con desprezo ó outros.
Pois quixera él saír do foso
e poder ser corto, gordo e torto.
