04 marzo, 2014

Follas esquecidas

Isto é unha reproducción case exacta (todo o que me permite o editor) dunha folla que medio escribín fai uns meses, e que agora resúltame curioso mostrar o proceso:


-Onte morréu algo, morreu un ser, mais non estou de loito, porque fun eu mesmo o executor. Non foi esa a miña primeira intención, non era ese o plan, pero o transcurso dos feitos levoume a elo, a preferir acabar con él se non podía ser méu agora mesmo.
Dende logo que non estou falando de nengún animal ou persoa, claramente, [borrón] cando digo este "ser" refírome a algo que sí, que ten vida, pero...

 [borronazo]
,,,

Hoxe nasce algo, un ser, unha nova historia. Hoxe paróu a choiva, afastáronse as nubes, e a claridade inunda case todo o que acado ver, polo menos, o único que existe en sí, o presente.
Senteime neste banco coa intención de deter o tempo, mais [borrón] un sinxelo xesto altruísta da vida fíxome [borron] mudar de intención. Así é, e de seguro pensarás que tampouco sería posible, mais creme, pódese. Pódese porque levo facéndoo toda a vida; o que máis ben acadéi, e no que són ducho, é en ralentizalo, pero non minto se digo que cheguéi a detelo. Enténdeo coma consideres preciso, pois detiven o paso dos segundos, o paso dos días, e mesmo conseguín deixar de envellecer.
Isto é un pouco perigoso dicilo, porque de seguido comezarán as preguntas, pero cómo [borrón] respostar o inexplicable?
O único que podo esclarecer un pouco é que parar o tempo non consiste en facer que tódolos reloxos do mundo deixen o seu tic-tac á vez, nen que todo o movemento existente entre nun pause intencionado, parar o tempo vai máis alá das medidas e do espacio.
[borrón],[borrón],[borrón]...
En fin, comprendo que non debo aínda que poida, pois aínda que paréi o meu corpo, [borrón] a miña mente non paróu en nengún intre [borrón] e case podería dicir que acumuléi máis horas vividas dentro da cabeza que fóra.
Maxia, diso trátase, maxia. Pero non esa maxia vanal de xogar ó despiste, de xogar a ser máis listo, de feito, xoguéi a ser todo o contrario.

Esgótaseme o tempo deste descanso que me toméi, tentéi chegar ata o curuto desta vila onde outras veces alimenteime de luz, pero non tiven valor, aínda que probablemente non foi iso, senón saber que non sería o mesmo, e que novamente o faría por deter o tempo,,,

Unha vez máis, tentaréi camiñar sen trampas, sen resucitar o pasado, e sen perseguir o futuro.
Así sexa.

,,,tic-tac,,,tic-tac,,,tic-tac,,,


O tempo pasa, e iso é para todo e para todos.
É unha pena cando belas vellas lembranzas esnáfranse contra a realidade. Cousas que durante anos albergaches na Suite presidencial da caixiña de metacrilato, e que permaneceron intactas ata o exacto intre en que lles tocóu a luz.
Faía moitísimos anos, tantos, que non podería asegurar a cantidade exacta sen consultalo.
E é normal, nada mantense vivo se non se alimenta. Pero porqué non? Porqué non aproveitar ou conter esa efusividade aparente de recurso fácil e retomar a ilusión con que se deixóu? (O que me fai pensar que pode que se me escape algo) Pero ah!, que iso sería coma mentir, o que respeto e valoro, pero non sei, ás veces na vida, cunde saltarse a lóxica por cousas coma estas. Pero eh, a suite segue reservada.

03 marzo, 2014

Interludio

Sinto o desexo e a cálida facilidade da sinxela posibilidade de xustificarme por non publicar máis a miúdo. Pero como sei que isto é coma sentarse no monte a falar só, agardando que alguén oia o eco,,, e ademáis, en realidade é autoxustificación... pois non o vou facer.
Comecéi por non colgar todo o que facía, porque non todo o que faía valía,,, cousas que faría mañá,,, debuxos sen texto,,, textos sen debuxo,,, e menos sangue no cerebro, e perdeuse a continuidade, repetidas veces. Pero a produtividade non depende do empeño, non para todo, e menos cando falamos de exhibir espidos os sentimentos.
De acordo?

Así mesmo, engado vellas entradas dun blog anexo que elimino pra conservar certos recordos.