29 octubre, 2013

Eclipse

Canto tempo fai, dende que se foi a luz, canto tempo pasóu, dende que estaba seguro. Non o teño moi claro, acho que non pode ser demasiado, pero sí dabondo para que arrefriase toda a superficie que os meus pés alcanzan a pisar. Levo semanas camiñando polos pantanos, avanza a noite e ó lonxe vólvense abrir as cruentas portas do Niflheim, mais non quero voltar a esa antiga morada, da que creínme paria, só que nunca esqueces de onde vés, e certo é que non son nativo, pero un é de onde se fai máis que que de onde nasce.

Os fatuos cans tolos xa o agoraban, -"Agocharase o Sol no seu punto máis alto, avanzará a escuridade e as frías noites chegarán impasibles,,, achégase o inverno,,," 
Sabios malditos, porque non vos escoitei! Non me preparéi dabondo, camiñaba absorto nos meus zicais, aínda cegado, e non quixen comprender as verbas ácedas coma eran,,, creíaas doces!

Que será de min, ¿camiñar de novo na busca? Xa me esquecera desa vella obsesion,,, a luz,,, a Luz! quen me mandaría entrar nos campos de luz! non precisaba desa enerxía, sabía que estaba ahí, pero abandoara a busca e ó final foi aparecer de súpeto. Sen previo aviso e sen querelo, engancheime, e agora estou cavilando se pode ser que toleara, porque hoxe esperteime querendo odiar o Sol, non sei como explicalo, pero sentín que preciso odialo pra non odiar de novo a noite, querida mestra,,, Non podo desfrutar da luz se é o propio Sol o que crea as nubes.

Síntoo moito, eu non o decidín así. Tamén hei dicir que non é xusto este abandono de sangrado, lento e silencioso.
Pero non te preocupes, gardareino en segredo, non te chegará a afectar directamente, pois nunca seréi astronauta. Odiareite pola noite, amareite polo día. Non quero ter que agocharme na sombra, e non hai moitas razóns para que te merezas este odio, pero non quero odiarte, non quero amarte; por intres non quero verte, non quero perderte. Non te vaias,,, ou non volvas,,,

A miña testa da voltas no sitio, cargando o impulso da espiral, os berros das arpías xa se ouven ó lonxe, e os demos xa se frotan as mans sabedores do nascemento dunha nova pantasma.
Confeso que é moi forte o trasno o que se me colóu no peto, fíxome ruido tódalas noites, e tódalas mañás, e leva facendo barullo 605 días, dende que un bo amigo me abríu os ollos e dixo: "os raios do Sol están dando na túa pel"; si, dende ese mesmo intre, dende esa mesma noite,, dende que o "quén?¿" foi respostado, seguido dun "-non pode ser..." e un "-pois sabes unha cousa...?". Cumprírase a profecía! O soño era real. Acabárase a noite perpetua, o Sol brilaba por mín.
Non tiña nada e de súpeto tíñao todo, non había medo e dende ahí resulta que podía perdelo todo e que non necesariamente dependía dun mal movemento meu.

Pero entendo que iso é o risco que corremos cando vivimos, esa é a gracia, ese é o sensentido que lle da chicha ó asunto, sofremos por non sofrer, e por non sofrer amamos,,,
Non sei en que rematará todo isto, teño a certeza de que a parte interesante aínda estará por vir, de momento só aproveitéi a luz cal árbore en fotosíntese, estático, observando máis que actuando, porque non é facil saír fóra da nosa comodidade mental,,, Pero seguiréi camiñando, paso tras paso, moitos camiños e moita terra estan agardando a súa historia, fuxirá a escuridade e voltará a forza da Vida, esa poderosa que é o impulso primixenio. E seica, algún día rematará o eclipse,,, pero cando? 
Polo momento, non sei,,, se seguir tentanto resistirme neste anoitecer, porque quérote, aínda que quera odiarte,,, para non rematar odiándome, querido Sol.


08 julio, 2013

Un mal día


Nen unha bágoa máis, nen unha soa, ¿para qué?!
¿Estás canso, farto, desquiciado e triste, polo que a vida date a cambio das túas accións? Todo ten unha razón, pero o triste é que é maior o poder da sinrazón, o poder da forza, a forza do poder,,,

Dádeme un dedo acusador, a posibilidade de facer desaparecer por sempre e dende sempre a persoas só con sinalalas, dádeme o poder, a min, e cambiaréi este mundo, salvareino!,,, Erradicaréi a ignorancia sen matar ós ignorantes, colgaréi das gónadas ós corruptos e ofrecereilles perdón se se arrepinten e prometen o cambio, mais nunca llo daréi. Sacareilles os ollos das concas con moito coidado estirándolles o nervio óptico para poder xirarllos e que vexan o que lles fago, e logo sacareilles os tendóns cunha navalla vella, oxidada e desafiada para así construír un arpa e tocar mediocremente a última melodía das súas vidas,, pausándoa,, pouco a pouco,, seguindo o ritmo do seu corazón,,, ata que pare.

Dádeme o poder, e non voltará morrer ninguén de fame sen querelo, ninguén voltará enfermar por fins económicos, ninguén voltará sofrer porque non ten tempo pra vivir,,,
Rezade por min, votade por min, mercade os meus produtos, dádeme o poder,,, escoitade a miña música, admirade os meus cadros, seguide as miñas verbas, dádeme o poder,,, séde os meus amigos, séde os meus súbditos, séde as miñas mascotas, dádeme o poder,,,

Preciso de vós do mesmo xeito que vós precisades de min pra salvarvos, séde egoístas, desprendervos de todo e entregarmo polo voso própio beneficio, dádeme o voso diñeiro, dádeme o voso tempo, dádeme a vosa confianza, seredes salvados da liberdade caótica, da incertidume, do non saber qué vai pasar; dádeme o poder e nunca máis dubidaredes, pois dareivos a verdade, unha verdade irrefutable e única, unha verdade amable e confortable, unha verdade tranquilizadora,,,
Creede en min,,, dádeme ese poder,,,