03 enero, 2012

Romper a norma


Un deses días, que espertas cun soño na testa e o corazón na man; un espabilar no que tentas tramar un día sen moitas expectativas; ese suspiro de resignación proseguinte,,,
Tomar un feixe de galletas con leite frío ás dúas do medio día,,, artexando un ritmo por se hoxe toca faer ruído.
Unha "chamada"
Saúdos lonxanos que se tornan pegados, unha sorpresa, unha emoción, unha carreira, un bico, se cadra dous, unhas birras,,, un pouco de turismo, unha mentira, cen verdades, historias, viaxes, recordos, unha campá!, se cadra seis,,, un labirinto de pedra e algo de fume.
Ó rematar o día non tiña sitio no peito para gardar tantas cousas boas, así que deixo todo isto fóra e quedo co mellor pra min.