01 mayo, 2012

Meigas

Por moito que tente pensar
que os días non son longos
carallo, ei de ser impaciente,
non lles atopo os fondos.

Podo perderme entre a xente,
sacarte mil e unha excusas,
da mesma forma que tento evitalo
miña imaxinación só pensa en bruxas.

Cabeza tola pra o bo e o malo
seica tamén non son o primeiro,
estóu vixiando toda a cidade,
tolo síntome neste outeiro.

Ou se cadra sexa verdade,
pode que non todo o inventara,
que por unha vez a imaxinación
non me fixera unha xogada.

Que non teño tal maldición,
feitizo froito da ignorancia.
Me paro ás veces a pensar:
Botaches a perder a infancia.

No hay comentarios: