01 noviembre, 2012

Un bo día


O primeiro que lembro, foi que estabas na miña cama, e non lembro cómo chegaches ou cheguéi eu alí, pero a primeira imaxe que lembro foi verte.
Entón tumbeime eu tamén e abrazeite, e cuán grata foi a miña sorpresa ó senti-la túa cálida e suave pel contra a miña, pois estabamos espidos.
Non séi cánto tempo duróu ese intre, se o que tardo en lembralo ou mesmo horas,,, o que lembro do remate foi que suspiréi de relaxación soltando o meu alento entre o teu pelo e de súpeto estaba eu só abrazado á almofada,,, babándoa,,,
 Isto debeu ser ó principio da noite, ou no primeiro soño, pois o que sí lembro foron os seguintes soños: corrín kilómetros, subín montañas, atraveséi edificios enteiros escachando as paredes, buceéi coma unha pedra que cae nun lago,,, procurándote.
Non o conseguín,,, nos soños, pero esperteime sentindo a túa calor, coma se acabaras de saír de entre as miñas mantas, e hoxe,,, (pensei) vai ser un gran día.

A mañá comezóu en aiunas, sen máis que un cortado e algún cigarro, pero facendo "ruído" ún esquécese do bandullo valeiro, e así, entre cordas e madeira, surxiron cantigas inspiradas polo deus Inca, coma outras veces.
O día seguíu sen moitos sobresaltos, un pouco de espedeoloxía caseira,,, logo un pouco de nada, logo fume, sinceridade e risas nerviosas,,, e frío.

Pero logo dun rato quedeime un intre só, e aproveitei para botarlle unha ollada ó ceo,,, gran idea,,,

Pasada meia noite,,, un pradiño de herba baixa,,, húmida,,, Lúa chea,,, sopraba do Sur, e deixara de faer fresco,,, as nubes movíanse rápidas pero non se movían axitadas as follas,,, poucas estrelas pero moi brillantes,,, nubes pequenas, mais tupidas,,, con moitos tonos de gris e branco,,, e formas,,, que de seguido identifiquéi.
Albisquéi paiasos, sorrintes e tristes, goblins e trolls, seica un lobo,,, ou un dragón branco, e ata me vin eu mesmo, pero tempo atrás,,, e cando deixara de prestar atención ás nubes por pensar en mín, de súpeto dinme conta que alí en fronte, feitos de vapor de chuvia, estabamos os dóus,,, ti enriba, e eu embaixo,,, pequeniño,,, encollido,,, e aprendín máis desa casualidade atmosférica que dos últimos dez libros que lín.

O vento comezóu a soprar máis forte, miréi como se achegaban nubes máis escuras e grandes, e agardéi a ver se me chovía un pouco enriba, pero non, tocaba voltar á realidade; apaguéi un cigarro que agardo que sexa o derradeiro e lembrando a miña primeira frase do día penséi: “Pois sí”,,,

No hay comentarios: