TROuLA

Troulear, troulear por troulear, troulear porque sí, ¿Por que non?
Xa faía un ano que non tremía a terra deste xeito, mais algo máis que o chan que pisabamos treméu hoxe... de feito... treméu o teito do peito ó xeito dos timbais, e zicais os demáis non sentiran o cais do buraco, no que algúns por manco e por fraco, coma sempre caemos dereitos.
Medida non hai para describir
tanto e longo coma te añoréi,
mal me sentín cando preciséi
mais sorrintes fumos coincidir.
Case esquecera esa sensación,
esa belida visión,
e iso que moito a botéi en falta,
a que tanto tempo me tivo prendido,
seica tamén, perdido,
cando só precisaba dun "¡Salta!".
Áceda e doce é a vida do poeta exiliado na testa,
mais amarga e púrpura tornouse desta.
Non hai mellores verbas para describir ese meio cravo que se me incrustóu no cerebelo,
xusto ahí onde nascen os segredos.
E o viño escorregaba pola nosa pel,
do mesmo xeito que o tempo escorregóu entre os meus dedos.
Seica fíxose tarde, hoxe tamén,
a ver se cadramos de vellos.
