25 febrero, 2007

As cousas como son

Qué mais podo dicir...

14 febrero, 2007

¿Raiada particular ou preocupación global?




Hoxe en día nada é o que asemella, e case ninguén é o que di ser. Centos de problemas alleos afectanme cada día, e outros tantos meus pasan desapercibidos. Eu só agardo a que alguén poida devolverme as ganas de seguir crecendo, de seguir falando, pois xa estou canso de escoitar, de parar calado e observar, de non querer cometer erros e tratar de previr os dos demáis.
Ás veces síntome coma un píxel envidioso dun taboleiro de xadrez, e ás veces xa non sei se son así, ou quero verme desa forma. O certo é que vou con pés de chumbo sobre unha morea de ovos podres que só existen na miña mente; e teño medo de caer...

Zicais algúns avispados saquen conclusións da data na que isto foi publicado, pero agora pensade que onte foi Martes 13...

Elá


"A esperança é quando a dor presente nos faz tentar outra vez"
Chico Science