06 enero, 2011

Dous paxaros dun tiro



E no derradeiro día choveu, mais pouco lle queda,,,


Estranos días as festas do Nadal, a xente asemella leda, mais non é máis ca outro destes sentimentos hipócritas inducidos pola sociedade na que moramos, que fai que durante eses días tentemos sacar o mellor de nós e dos demáis.

Noxo, sí, ha de ser noxo o que me produce este pensamento, e non é que non goste de ver sorrir ós demáis; é saber que a maioría confórmase con alugar uns principios pra estas datas, e deixalos aparcados o resto do ano, coma se o resto dos días das nosas vidas foran un pouco máis prescindibles.

¿Cal é o día no que desactivamos o sentimento do nadal?,,,
-... ó pasar o día de Reis?
-... ó voltar ó traballo/estudo/rutina?
-... cando recollemos os adornos do nadal?
-... cando tarareas unha panxoliña sen querer e pensas: "ui!, xa non pega!"?
-... cando pensas que xa pasóu un ano máis e pouco dista a túa posición á de 365 días antes,,,?

O "sentimento navideño" é unha troula, é un pseudónimo para denomear á excusa de querer ser feliz, e non ocultalo; de preocuparse polos sentimentos dos demáis sen amolarnos por asemellar uns brandos; xa que nestes tempos nos que se fala de apocalipse e catástrofes mundiais, nos que a palabra que está na punta de tódalas línguas é crise, o que se precisan son heroes, o que traducido á vida cotiá sería xente firme, segura de sí mesma, alguén a quen seguir, e ninguén quere ceder a non parecelo. Por iso, o normal é tentar non asemellar demasiado preocupados polos demáis; consciente ou inconsciente, é o comportamento común.
Porque mostrar preocupación é mostrar vulnerabilidade, e por mor de asemellar firmes moitas veces deixamos de lado pequenos detaies, o que uniríanos máis e faríanos máis firmes aínda, pero non... ¿cal sería o maior poder do ser humano senón a unidade? pero non...
todos e cada un de nós queremos ser diferentes, e ó mesmo tempo queremos ser coma moita xente.

Querer ser coma,,,
Raios! que triste é tal expresión!
Ó mesmo que cando unha persoa morre por dentro cando pensa que xa está completa, que non lle queda nada por aprender; un perde a súa esencia cando imita, cando muda as súas formas de falar, de vestir, de ollar,,, e facer isto é desprezarse a un mésmo en realidade.

Unha cousiña:... Sé ti mésmo, por tí mésmo. Busca, argalla, pensa,,, e cando te atopes xa non terás que voltar a pensar se o que vistes, fas ou dis é propio de ti, sinxelamente, serás,,,

Pequena reflexión arrincada dun sono recén rematado, mais real coma ti.

Aínda que non asemelle gústame o nadal, só que está mal empregado.