21 septiembre, 2009

Gargamel's secret




Os días pasan, uns van e outros veñen, e a cotío máis que existir deambulas.
Vas pola rúa agardando atopar algo novo, algo que te abraie, algo que marque ese dia coma diferente. E nun dos meus paseos pola xungla atopeime con algo que rompeu a norma..

Albisquéi uns ollos... unha mirada; uns beizos... un sorriso; un xesto..., un antes, e un despois.

Non o sabes, pero puxeches a rodar de novo o mecanismo dun torpe maxín que levaba tempo sen espertar; durmín demasiado, mailas poucas horas que acostumo a concederme.
O que máis me pesa é coñecer a diferenza entre horas durmidas e horas soñadas, algo que agardo compensar... xa mesmo.

Adiqueime en corpo e suor a erguer unha muralla fronte a min, na que agora ábrese unha fiestra. Coido que dou pasado por ela, só agardo que logo non haia moita altura ata o chan.


Manteréi unha máxima: Paseniño é máis dificil tropezar.

30 abril, 2009

Case ninguén mira cara arriba cando chove


Situacións, intres, ocasións; nada está ensaiado na vida, nada pódese comezar coa certeza de coñecer como vai rematar, ninguén pódese agochar para sempre, en ningures, o mesmo que non podes predicir onde vai caer a seguinte gota de choiva.
Non podemos elexir o noso futuro, mais podémolo encauzar.

Moita xente pulula pola vida creendo que estan vivos; pasivos que realmente só aceptan o que lles vai vindo, coma eses vellos xogos de coches nos que ti permaneces estático e o terreo vai pasando por enbaixo túa; están mortos.

Claro está que non se pode ter todo o que un desexa, pero non podémonos conformar co que hai e... "a ver se cae"..., non debemos.

As metas están para acadalas, senón perdería sentido ata o propio nome, entón non serían máis que horizontes lonxanos... ¿E que se precisa para cruzar un horizonte máis que camiñar cara él?

A terra non vai pasar por enbaixo túa, tes que camiñala, e con certa carrerilla por se tes que saltar algun charco.
Tampouco acomodarse á sombra da primeira árbore só porque pegue pleo o sol; busca, argalla, pensa..., seguro que máis adiante hai unha fonte! e un chiringuito con cañas se cadra...

...de non atopalo, xa haberías superado algo que fai un rato non creías capaz.

Unha palabra: CURIOSIDADE

Unha verdade: A vida non se vive, afróntase..
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,...mais, hai moitas formas de facelo..,
,,,,,,,,,¿non si?

25 marzo, 2009

Fssshh...



Xa fai un tempo que comecei, cada vez con máis frecuencia, a pensar en alto; coma se os meus pensamentos tentaran dalgún modo de saír da miña cabeza....
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,...demasiado tempo... calado.

24 marzo, 2009

Tolomeu