Tantas páxinas en branco
Cantas encheréi?
A bitácora deste barco
que algún día completaréi.
Nunca se perde quen vai á deriva.
Dis que din, os ventos do anoitecer,
i é pola lúa, miña amiga,
que navego ata o mencer.
Porque é esa voz a que me guía,
e non sei moi ben porqué,
pero eu sego agardando, por se algún día,
unha nereida aparecer.
De alá pra acá,
de acá pra acolá.
Unha viaxe curta,
seica non tal.
Verbas nécias
volven asomar,
traendo lembranzas
dun tempo de atrás.
Era aquela soidade
e aquel soñar
con aquela fantasía
que non quixo rematar.
Porque sego sendo torpe
baixo o radio do seu ollar.
Calo moito, penso dobre;
ténseme que notar.
Hoxe esperto coma dun soño,
sentado no bosque, envolto en névoa.
O que me deixo eiquí é máis ben pouco,
e a caixiña do peito, enchiña lévoa.
Tantas cousas que dicir,
tantas que preguntar,
cantas menos que confesar!
Primeiro, non interrumpir.
Segundo, saber comezar.
Pero hei de seguir o meu percorrido,
aínda falta un chisco para alza-lo vóo.
Eu continuaréi co meu camiño
mentres que o tempo
sopra entre nós.