Un mal día
Nen unha bágoa máis, nen unha soa, ¿para qué?!
¿Estás canso, farto, desquiciado e triste, polo que a vida date a cambio das túas accións? Todo ten unha razón, pero o triste é que é maior o poder da sinrazón, o poder da forza, a forza do poder,,,
Dádeme un dedo acusador, a posibilidade de facer desaparecer por sempre e dende sempre a persoas só con sinalalas, dádeme o poder, a min, e cambiaréi este mundo, salvareino!,,, Erradicaréi a ignorancia sen matar ós ignorantes, colgaréi das gónadas ós corruptos e ofrecereilles perdón se se arrepinten e prometen o cambio, mais nunca llo daréi. Sacareilles os ollos das concas con moito coidado estirándolles o nervio óptico para poder xirarllos e que vexan o que lles fago, e logo sacareilles os tendóns cunha navalla vella, oxidada e desafiada para así construír un arpa e tocar mediocremente a última melodía das súas vidas,, pausándoa,, pouco a pouco,, seguindo o ritmo do seu corazón,,, ata que pare.
Dádeme o poder, e non voltará morrer ninguén de fame sen querelo, ninguén voltará enfermar por fins económicos, ninguén voltará sofrer porque non ten tempo pra vivir,,,
Rezade por min, votade por min, mercade os meus produtos, dádeme o poder,,, escoitade a miña música, admirade os meus cadros, seguide as miñas verbas, dádeme o poder,,, séde os meus amigos, séde os meus súbditos, séde as miñas mascotas, dádeme o poder,,,
Preciso de vós do mesmo xeito que vós precisades de min pra salvarvos, séde egoístas, desprendervos de todo e entregarmo polo voso própio beneficio, dádeme o voso diñeiro, dádeme o voso tempo, dádeme a vosa confianza, seredes salvados da liberdade caótica, da incertidume, do non saber qué vai pasar; dádeme o poder e nunca máis dubidaredes, pois dareivos a verdade, unha verdade irrefutable e única, unha verdade amable e confortable, unha verdade tranquilizadora,,,
Creede en min,,, dádeme ese poder,,,

No hay comentarios:
Publicar un comentario