13 diciembre, 2016

Pasiño, pasiño, tropezo
zancada, caída comezo
abrir os ollos de novo
fuxires do brilo do ouro.

Deambulo perdido na rúa
procuro un belido sorriso
pra non sentir só baixo a lúa
con cada cigarro que piso.

E nada, outra vez no camiño
de volta a unha casa valeira
encollido pra sentir quentiño
nun niño cargado de teima.

Noites de rúa
espírito de can
meus soños onde van
perdidos en Arzúa.

Sentado neste bar
nestoutro, calquera
á deriva cal galera
sen timón nen vela no mar.

Mais fresco é o ár
seica tan só novo
que axuda a seca-los ollos
e voltar a camiñar.




No hay comentarios: