Fuxa a preguiza da vosa ialma,
corra o valor nas vosas veas,
afaste este sol o frío da calma
que vos tapa as desgracias alleas.
Non creas ó mundo cadaleito
da esperanza perdida do home,
sabido é que pouco hai feito
cando a xustiza se torna deforme.
Aferrada, da man da fome,
camiña o poder, cabalga a cobiza
e culpable é por parte dobre
quen esa senda axiliza.
E na risa dos nenos de hoxe
busquemos a forza precisa,
pois o futuro non é cousa da sorte
e o presente se nos vai cal brisa.
Por iso xuntos berremos ó tono,
ao ritmo dunha muiñeira,
e ignorade ós que se fan chamar donos,
pois non o son máis que da súa xenreira.
Espertade,,, loitade! Bulide!
Esquecido non fique o honor!
E cal paxaro voando sentide
que é posible un mundo mellor.
17 mayo, 2017
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario