Xoguetes
Canto menos buscas algo antes o atopas...
Certo coma que o día é Sol, e a noite soño. Mais por unha vez en moito tempo deixara de buscar e soñar, polo menos esperto, pero seica Morpheo botábame de menos, ou sinxelamente cansouse de agardar ata as noites.
Ains... un de tantos amigos inseparables meus, tal coma Murphy, pero non o vou nomear moito, e menos nunha data tal que hoxe, non vaia ser que lle piten os oídos e volva mudarse ós meus zapatos.
E aquí está, o brilar do Sol nesta palida faciana. Sorpresa, máis ca nunca, a miña.
¿Sabes esa sensación de pasar por diante dunha xoguetería o día antes do teu cumpreanos, e ver un que queres, pero de seguida aceptas que non o vas ter e segues camiñando?
¿E cando atopas os regalos e cheiras qué che pode tocar e miras unha caixa que coincide co tamaño, e o son do interior que aprecias dende o exterior é o agardado?
Nese intre estou, feliz de imaxinalo, agardando abrir esa caixa que pode convertirme no ser máis afortunado do mundo.
Expectativas? non, só fantaseo con todo o que vou facer, en como o vou coidar, para que dure, todo o posible.
-Mais para... ¿E se ó abrilo non é?
Da o mesmo, eu xa xoguéi con él, na miña mente,. Que belo é ese intre no que a túa imaxinación xa posúe algo que aínda non tes físicamente, i ese recordo vai quedar gravado no mesmo recuncho que os reais. É máis, de non ser, pasaréi a miúdo por enfronte do escaparate e sempre que o vexa sorrireine.
Non é a miña intención poseelo nen acaparalo, é rir con el, aprender del, contarlle os meus segredos; e parte diso xa está feito aínda que nin sequera o palpara.
De non tocarme a mín, de seguro que algún outro neno será feliz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario