02 junio, 2016

Step Up

Camiñar, camiñade! Camiñemos!!
Todo un mundo agarda baixo os nosos pés.
Certamente diso vai a vida, de subir e baixar montañas, de percorrer, experimentar, desfrutar e tamén sofrer; ¿que gracia tería un mundo chan? Ningunha, sabémolo. Poderíamos ve-lo horizonte en todo intre con só erguer a testa, iso mata a sorpresa e a emoción do paseo, non si?
Pois iso, como a vida; ten que haber altos e baixos; intres, días, épocas felices e outras non tanto. Porque coma o ben non se pode apreciar sen ter en conta ó mal, o amor, a amizade, o valor da familia,,, Estas cousas non se experimentan do mesmo xeito de haber sentido a soidade, o rechazo e todas esas dores que gardamos na caixiña de metacrilato, sabemos de qué falamos.

Porque sí, ás veces doe, pero se doe é porque amas, e se amas algo ou a alguén dalgún xeito estás no bo camiño. Dalgún xeito arriscácheste, e isto, é do máis importante que valoro, polo menos eu, da xente. Ese arroxo ó encamiñarse cara algo que pode saír mal ou tes a certeza de de que non vai ser doado, pero seguir adiante porque che fai sentir vivo.
Eu que sei, cada un cadanseu motivo.

A min empúrrame ir e negar o imposible, probar que se pode, aínda que só sexa a min mesmo. Empúrrame a necesidade incesante de xogar, de experimentar, de rir e descobrer. A intimidade de dous amigos, a complicidade dos amantes, os segredos, as viaxes, os abrazos,,, eses bicos que se fan curtos, o contentillo dunha cervexa furtiva. Esas vixilias de sentimentos enquistadas, e bágoas secadas no calor do peito.
I é todo isto que me fai subir ó teito ,,,de feito,,, insisto en dicir que estes recordos vos han servir de leito, para cando ó morrer e acadar o ciclo completo, sen folgos, sen sangue e tolleitos, sentir que polo menos "iso", fixémolo con xeito.

No hay comentarios: