Non penses nun oso branco

É curioso a importancia que lle damos ás cousas, as diferentes formas de vivir unha mesma situación, e cómo se quedan gravadas na nosa memoria; é curioso.
Este de aquí é aquel debuxo que fixen no verán no camping de Portonovo, ás tantas da mañá, despóis de saír de marcha, e xusto antes de que certa xente atopárame alí, no chan, ó carón dunha cervexa e cun charro entre os meus dedos, extranándose de algo que para min era do máis cotián. Fora unha boa noite, aquela noite na que dinme de conta de que hai certas cousas que non podes esquecer sen máis, que non podes deixalas pasar e agardar a que o tempo as borre da túa mente, que ás veces, sinxelamente, están ahí día tras día e canto máis trates de non pensar nelas peor o fas.
Isto ten un significado particular, dunha situación en especial, e dunha persoa en concreto que nin sequera sabe que iso aconteceu. Que cada un interprete isto como quera, que o aplique á súa vida e os seus pensamentos, eu vouvos dar un consello común, vivide o momento.

