Bzz!
Hoxe espertéi tres veces:
A primeira, porque oín o meu nome dunha voz de mel, o que me fixo xirar o pescozo cara á realidade, pero mergullinme de novo no soño perseguindo aquela voz, cousa que non din.
A segunda, pra asomarme á miña fiestra máxica e deixala aberta mentres volvía durmir coa esperanza de que pasara unha abella por diante e zumbárame no naris pra espertarme.
E a terceira porque xa non podía agardar deitado, e pra dicirme: "Machiño, deixa de soñar e salta pola ventá" e de feito a miña testa anda case sempre por ahí fora, pero ás veces, os pés quédanseme no cuarto piso.
Quero bañarme en mel, e que os meus oidos sexan tal que funís absorvendo ese doce néctar,
quero facelo correr tan aprésa que non teña tempo de pegarse nesta torta de pan de millo,
quero facelo escorregar entre os meus dedos e pensar que teño toda a vida para sentilo,
quen puidera ter,,, sen espantar ás abellas,,, o panal chantado na fiestra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario