15 junio, 2016

Unha cousa clara

Unha cousa clara, non quero ser teu dono, non pretendo posuírte, polo menos non dese xeito.

Non quero ser a gaiola que che impida bater as ás, quero ser a fraga na que aprendas a voar, a pola onde gostas reposar, o regato onde gostas refrescar.
Pretendo ser o lume, ó que te arrimes pra quecer, a paisaxe onde envellecer, a estrela que che guíe ó anoitecer.
Quero ser ese recuncho onde fuxir, ese burato onde sentir que estás a salvo de todo o que te poida ferir.
Busco ser o solpor, onde esquécese a dor enquistada por mor do rencor, do amor e do mal humor desta vida de limusina sen motor.

Déixame ser o betún, que úntese en ti e traia-lo brillo oculto. Tómame de todos eses xeitos, tómame de todos ou algún, según; mais antes ei voltar ser o mesmo, o mesmo neno que fun, cando nada era común, cando para ti só había un,
    Eu, e mais nengún.

No hay comentarios: