10 mayo, 2011

Ball and Chain

Sittin’ down by my window, lookin’ out at the rain.... laiándome por non ser quen quero ser, ou máis ben dito, por non dar feito o que quero e séi que son quén.

Sinxelo é o problema: pese ó precavido que acostumo a ser comecéi a soñar antes de tempo, e agora boto de menos algo que en nengún momento foi meu.
Mais, ¿cómo fago para non enganarme? Se crúzase por diante da miña fiestra algo tan belo non podo evitar que faga ese efecto tan cálido en mín, e se pecho os ollos a miña imaxinación fai das súas e aínda é peor.
¿Ollar para outro lado?
Tarde... moi tarde.. exactamente catrocentos noventaecatro días e vintedúas horas e meia tarde.

Eu non o quixen así, mais non fun quén de evitalo, e agora deambulo polas rúas preso dunha bola e unha cadea.
Ains... Sabio gosto de considerarme na vida, falabarato són na miña mente.


No hay comentarios: