A esperanza é o derradeiro que se perde... polo que morrerei anelando o cambio.
Non son gafe, mais non teño dúbida de que estou gafado; non é que vaia repartindo mala sorte, non... acapároa todiña, e o meu único consuelo é ver que ós demáis, os que me rodean, os meus queridos, vailles mellor ca min... pensamento estúpido... mais meu. Soa a conto, e de feito podes crerme ou non, depende do que agardes obter desta lectura, pero preocúpome máis polos demáis que por min mésmo, aprezo máis ós demáis que a min mésmo... despreocúpome, desaprézome, descúbrome,,,
Doe, doe moito deambular pola vida anelando algo, e ter en mente que sen saltar os teus principios resultaríache imposible, mais.. non é tal, só é dificil porque nunca o intentaches, ninguén nasce sabido, ninguén sabe nascer, ninguén aspira a nascer... todos, aspiramos a morrer.
03 mayo, 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario