Empúrrame

Esperto,,, ou non,, a continuidade dos feitos comeza a ser, canto menos, turbia. "There is a grey fog running trough my mind", terei que asumir que xa é crónico, de pouco máis podo darme conta agora mesmo, i é que é curioso o lonxanas que podes percibir as cousas cándo pegadas ó teu nariz.
É incrible, noites e noites desexando o tal que agora, e mesmo podería tocalo, mais fáltame ese pequeno impulso que é a vontade recíproca. O abismo non abarca apenas unha pegada, mais en sima pérdese oscuridade abaixo e só fáltame ese pequeno empurrón, mais fáltame, e de caeres consolaríame pensar que non ten fondo, mais temo durmirme polo camiño, sexa por cansancio ou por terme acostumado a caer ó vacio en soños,,, esperto,,, ou non,,,
Topeime comigo mesmo de bruces, de novo, e seica ese Eu reacciona tal que o reflexo dun espello, pois non hai manera, nin ó redor nin através,,, así de dura teño a cachola.
Hei de argallar un modo pra esquivar a ese miserable que sempre se me pon no medio.
O tío Jackie xa me aconsellou, e ensinoume algún dos seus trucos, mais acho que non é sabio para todo, pois por mor dél distraínme e perdín algunha que outra oportunidade, ou polo menos iso empéñome en crer.
Non está ben iso de mentirse a un mésmo, mais é a única saída que atopei polo momento para de cando en vez soltar a cadea deste can tolo que teño por imaxinación; non todo pódelo deixar pasar, e doe cando sabes que poderías ter feito, aínda que só fora por unha maldita vez, algo,,,
No hay comentarios:
Publicar un comentario