Medo
Medo, pasamo-la vida con medo, temendo en todo intre a aparición dos nosos fantasmas; en canto espertas lémbraste deles, ó saír da casa miras ós dous lados por se están ahí, cando doblas nunha rúa case cruzas os dedos nun pequeno ritual voodoo pedindo que non cambie nada, que nada nos faga saír do noso escondrixo que é a rutina.
Dirás: -¿medo?, eu non creo en fantasmas.-
Pero medo é prudencia, medo é pecha-la porta tras de ti, medo é estar atento, medo é ser feliz en soidade; porque, aínda que empeñémonos niso, os fantasmas non son compaña de abondo.
Dirás: -non todos somos iguais;-
É certo, os fantasmas que poden velos varias persoas dan menos medo, sobre todo cando pode velos alguén a quen queres; o problema ven cando ese fantasma é esa persoa, entón non tes máis remedio que corta-lo cable negro ou volver á túa pecera, onde todo está coma sempre e as cousas míranse máis pequenas.
A vindeira vez que vexas un fantasma pensa que só existe na túa mente, e bérralle... así polo menos saberá que podes vela.
Eu, mentres tanto, seguiréi facendo burbullas..o0O

1 comentario:
e dende a nube de spray oes as sereas cantar...e sintes medo,medo de non poder rematar a tempo
pd:deixamos de ser o que somos polo que quereriamos ser
paz
Publicar un comentario