Dog Mas
Esta tarde chamaron á porta, estaba mirando unha película e o timbre soóu dúas veces, rápido, como se chama cando tes prisa. Ó abrir atopeime cun home e un neno. Este home disculpóuse en canto abrín a porta, sen darme tempo sequera a dicir hola.
O home suxeitaba un panfleto de cores vivas, nel podíase ver a figura dun home coas mans lazadas, coa mirada seria e cuberto do que parecía ser o seu propio sangue, aínda que as feridas que enchían o seu corpo foran bastante explícitas.
O neno suxeitaba un maletín e ficaba inmóbil.
Este home díxome que viña para invitarme a mín e á miña familia a unha xunta na que ían falar do home máis importante do mundo, e sinalándome o papel preguntóume quén era ese home para mín. Nese intre dinme conta de que era testigo de Jehová, pregunteille se se estaba referindo a Xesús, e ó ver o seu sorriso díxenlle que era agnóstico, e sorprendeume ver que o xesto da súa cara non cambióu.
Díxome que de todas formas podería ir a aquela reunión e que sería ben recibido. Eu respondinlle "estoy seguro". Acto seguido despedíuse, deume as gracias e foise.
Cando pechéi a porta sentinme un pouco mal polo meu comentario, pero deseguida deixéi de sentirme así.
Non é nengún segredo que esta xente é un pouco pechada de mente, de feito, calquera persoa que cree nun ser supremo xusto e bondadoso polo que hai que sacrificar ata a mesma vida o é.
A razón de porqué deixéi de sentirme mal é porque penséi en varias opcións que poderían desencadear as miñas verbas.
Unha era que non me escoitara ou que non lle dera importancia, entón non habería mal; outra era que sí me escoitara, pero que fora desas persoas que non admiten opinións alléas ás súas, de ser así, non me importaría que se houbese molestado; e a outra opción era que me escoitara, e que as miñas verbas fixéranlle pensar porqué dixen iso. Se conseguise facerlle plantearse a súa vida por un intre xa estaría satisfeito.
A razón de porqué deixéi de sentirme mal é porque penséi en varias opcións que poderían desencadear as miñas verbas.
Unha era que non me escoitara ou que non lle dera importancia, entón non habería mal; outra era que sí me escoitara, pero que fora desas persoas que non admiten opinións alléas ás súas, de ser así, non me importaría que se houbese molestado; e a outra opción era que me escoitara, e que as miñas verbas fixéranlle pensar porqué dixen iso. Se conseguise facerlle plantearse a súa vida por un intre xa estaría satisfeito.
Despóis de ver a película acordeime do neno ó ver de novo o folleto que aquel home me deixara, e entón si que me sentín mal, pois consideréi que podería haber dito moito máis.Podería haberlle preguntado ó neno quen era o home máis grande de tódolos tempos para él. Sería de esperar que respondera Xesús, pero antes de darlle tempo diríalle porqué pensaba iso.
Eses pensamentos non eran seus.
O pai probablemente este convencido da súa condición, e de seguro terá razóns para elo, pero non un neno. Un neno limítase a seguir o que os seus pais dinlle que é bo, pero soamente o sigue, actúa coma un autómata ó que se lle programa.
Para persuadirlle dinlle que de non facer iso irá ó inferno, e o seu sofremento sera tan grande que non podería imaxinalo. Ese neno tampouco pode comprender que existe porque os seus pais cometeron un "acto impuro"; sen embargo, esas cousas resérvanse ata que ten unha certa idade, e pode comprendelo.
¿Porqué entón se lle inculca unha forma de pensar que é a maior causa de disputas da história a alguén que non pode entendelo e non pode expoñer argumentos para defender unha convicción que nin sequera é a súa?
Non estou en contra das relixións, é máis, defendo que son unha parte moi importante da cultura mundial, e que a história non podería entenderse sen elas... pero... ¿porqué obrigar?

No hay comentarios:
Publicar un comentario