¿Raiada particular ou preocupación global?
Hoxe en día nada é o que asemella, e case ninguén é o que di ser. Centos de problemas alleos afectanme cada día, e outros tantos meus pasan desapercibidos. Eu só agardo a que alguén poida devolverme as ganas de seguir crecendo, de seguir falando, pois xa estou canso de escoitar, de parar calado e observar, de non querer cometer erros e tratar de previr os dos demáis.
Ás veces síntome coma un píxel envidioso dun taboleiro de xadrez, e ás veces xa non sei se son así, ou quero verme desa forma. O certo é que vou con pés de chumbo sobre unha morea de ovos podres que só existen na miña mente; e teño medo de caer...

Zicais algúns avispados saquen conclusións da data na que isto foi publicado, pero agora pensade que onte foi Martes 13...

2 comentarios:
"Ás veces síntome coma un píxel envidioso dun taboleiro de xadrez...O certo é que vou con pés de chumbo sobre unha morea de ovos podres que só existen na miña mente; e teño medo de caer..."
Mu buena, de dnde las sacas?
ninguén está a mirar
ninguén escoita
ninguén fai caso
éche a dinámica deste xogo...
pero hai fe
pero haise que equivocar,para que proia,e non voltar nunca máis
(jodida fe que me fai seguir...)
Publicar un comentario