30 noviembre, 2006

Este debuxo ten unha historia: Unha noite entrei nun garito e ó entrar miréi dúas persoas e a unha moza nun lado, ó principio penséi que era unha amiga miña e miréi para ela, pero ó haber pouca luz quedeime un pouco de máis coa súa cara, e resultóu ser unha descoñecida. Ata aquí unha situación normal dun sábado á noite, o diferente ven cando despóis dun rato volvo mirar para ela para comprobar o parecido coa miña amiga e vexo que estaba mirandome fixamente ós ollos; diredes que non hai nada de especial nisto, e claro está se non fora porque aquela mirada parecía estarme pedindo que a levara con ela, que lle falara, e aínda que quixera, non sería capaz de describila para faceros entender a miña sensación. Só vos podo dicir que despóis marchóu dalí cun dos homes que estaban naquel local e cun xesto triste na cara, e quedoume unha dúbida que nunca resolveréi, qué estaban dicíndome aqueles ollos, e qué pasaría se me houbese achegado.

No hay comentarios: